Monday 29 de April de 2024

Consumado o derrubo dunha antiga nave para ampliar a praza Heroínas de sSálvora


Ooperarios da empresa adxudicataria da remodelación do Malecón, Canarga, consumaron os traballos de derrubo da nave en desuso situada na praza Heroínas de Sálvora, o que permitirá a ampliación deste espazo público situado na fronte marítima entre o mercado municipal e o parque García Bayón.

A eliminación desta barreira arquitectónica puido ser posible despois de que o Concello alcanzase un acordo de permuta cos propietarios do inmoble, utilizado no seu día como tenda de equipamentos náuticos.

Deste xeito, o espazo gaña outros 220 metros cadrados, o que permitirá aumentar zonas verdes nunha praza que está a ser obxecto de reforma no marco das obras do Malecón.